Guión/Debuxo: Junji Ito
Editorial: Planeta d agostini
Xénero: Seinen
Todo comeza, se é que comeza, con estraños sucesos dentro dun pobo na cál o pai do noivo de Kirie, Shuichi, obsesiónase coas espirais ata o extremo de morrer da peor forma posible. Máis adiante a nai de Shuichi tamén é parte da espiralmania e morre horriblemente. Pouco a pouco o pobo somérxese mais e mais na espiral. A xente tolea debido ás estrañas circunstancias que se presentan. Mortes estrañas, o fume que salgue do cremador forma unha espiral. Furacáns, Caracois xigantes, imaxes bizarras e perturbadoras, o ambiente é totalmente macabro e a loucura é o que máis atrae.
¿Poderán Kirie e Shuichi escapar deste maldito pobo, ou serán levados ao centro da espiral?
O 11 de febreiro de 2000 a lanzo en Xapón, unha adaptación nunha película de acción real chamada Uzumaki, dirixida por Higuchinsky. Unha historia non apta para menores, que calquera fan do terrorífico, sicológico ou gore non pode deixar pasar. Ademais xa están dispoñibles todos os seus tomos así que non hai que esperar para ver o final.
18 feb 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario