28 feb 2011

Novidades Norma Marzo

Seguimos coas novidades de Norma para Marzo, hoxe, o cómic europeo.

HÁGASE EL CAOS vol. 1 LUX

Cava e Seguín
Formato: Cartoné 22 x 29,5 cm. ;48 págs. Color
PVP: 13,00 €


Da mans destes dous autores españois chéganos unha historia de cinema negro ambientada en plena Guerra Fría. Alex, un anónimo cidadán británico de orixe iugoslava, é utilizado como monicreque nun escuro plan para eliminar o mariscal Tito. ¿Pero cal é o seu verdadeiro papel en todo isto? ¿E quen manexa realmente os fíos?.

MUERTOS DE SUEÑO
Davide Reviati

Volume único
Formato: Cartoné 17 x 24 cm.; 352 págs. B/N
PVP: 25,00 €


David Reviati retrata con moito cariño eses veráns de cando eramos pequenos e que quedaron gravados a lume no noso espírito. Unha historia que foi galardoada co premio ao mellor cómic da Comicon Nápoles 2010.



TECNOPADRES. Volume integral
Alejandro Jodorowsky e Zoran Janjetov

Formato: Cartoné 19 x 26 cm; 416 págs.
PVP: 32,00 €


Norma preséntanos recompilados nun único volume os oito álbums da serie Tecnopadres, onde Alejandro Jodorowsky volve afondar na relación entre natureza e tecnoloxía a través da historía de Albino, o tecnopadre supremo, que conduce 500.000 novos pantecnos cara á galaxia prometida.

BURKAMANÍA
Jacpé

Formato: Cartoné 21 x 17 cm.; 48 págs. Color
PVP: 9,90 €


Jacpé busca facernos rir mostrándonos o absurdo da situación na que viven moitas mulleres: o burka. Illadas do mundo, teñen que vivir con estas roupaxes que as tapan por completo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario