19 feb 2011

Engel

Unha semana máis achegámonos ata un dos xogos de rol que aínda editados en España son bastante descoñecidos: Engel.



Engel é un xogo narrativo ambientado nunha Europa post apocalíptica que regresou ao medievo (ao Neo medievo). Unha serie de pragas e desastres naturais precederon á aparición dunhas criaturas sobrenaturais ao servizo do Señor das Moscas, que lle deron o golpe de graza á sociedade do século XXI.

Cun mundo ao bordo da desaparición, a humanidade envórcase nunha nova igrexa que xorde de Italia, a Igrexa Anxelical, que inicia unha cruzada tanto contra as criaturas infernais coma contra os novos príncipes mercadores, humanos que acumularon gran poder, en similitude aos nobres da idade media. Para axudar nesta guerra antes de que rompa o Sétimo Selo que destruiría a humanidade, deus envía á Terra á súa Hueste soberana, os Engel, anxos con corpo de novos e que son precisamente o que encararán os xogadores.

O xogo chéganos dende a versión americana editada por White Wolf (o ;xogo orixinal é alemán), o que fai que se presente un gran problema. Para adaptar o xogo aos gustos do mercado americano, White Wolf sacrificou o sistema de regras orixinal (que empregaba as cartas do Tarot) a favor de usar unha adaptación ao sistema d20.

Non é que non me guste o sistema d20 (de feito, xogo habitualmente con algunha das súas adaptacións), pero o modo en como se implementar en Engel non me remata de convencer. Isto débese a que empregaron unha versión moi reducida das regras, o que fai que se non coñeces o sistema d20 te poidas sentir perdido nalgúns dos seus aspectos. As regras en se non son malas, solo que é precisamente esa brevidade a que fai parecer ao xogo "incompleto", e dado que descoñezo como o sistema de xogo orixinal, non podo afirmar cual é mellor ou peor.

O outro problema que lle vexo a esta edición de engel é a escasa información en determinados puntos, especialmente no relacionado co Señor das Moscas e as súas criaturas infernais. É certo que demasiada información pode estragar a incerteza ou a sorpresa, pero neste caso dous paxinas a me antojan un tanto escasas.

En resumidas contas, Engel non é un mal xogo, cun universo interesante que lle dá unha volta de rosca á idea da apocalipse bíblica. Se coñeces un pouco o sistema d20, as regras non deberían supoñerche un problema, e tampouco deberían darche moito problema se decides adaptalas a outras do teu gusto.

Engel foi editado en España por La Factoría de Ideas, publicando unicamente o manual básico, o cal pódese atopar en moitas ocasións de oferta (aínda que iso se, cun burato tradeado nas páxinas).

Engel
272 páxinas
9.99 € (de oferta)

No hay comentarios:

Publicar un comentario