28 feb 2011

Novidades Norma Marzo

Seguimos coas novidades de Norma para Marzo, hoxe, o cómic europeo.

HÁGASE EL CAOS vol. 1 LUX

Cava e Seguín
Formato: Cartoné 22 x 29,5 cm. ;48 págs. Color
PVP: 13,00 €


Da mans destes dous autores españois chéganos unha historia de cinema negro ambientada en plena Guerra Fría. Alex, un anónimo cidadán británico de orixe iugoslava, é utilizado como monicreque nun escuro plan para eliminar o mariscal Tito. ¿Pero cal é o seu verdadeiro papel en todo isto? ¿E quen manexa realmente os fíos?.

MUERTOS DE SUEÑO
Davide Reviati

Volume único
Formato: Cartoné 17 x 24 cm.; 352 págs. B/N
PVP: 25,00 €


David Reviati retrata con moito cariño eses veráns de cando eramos pequenos e que quedaron gravados a lume no noso espírito. Unha historia que foi galardoada co premio ao mellor cómic da Comicon Nápoles 2010.

27 feb 2011

Leyenda de los Cinco Anillos

Se hai uns días Edge Entertainment anunciaba que editaría a 4ª edición do xogo de rol La Leyenda de los Cinco Anillos, agora preséntanos unha aventura gratuíta de introdución.


Legado de Traxedia proponnos ser testemuñas do roubo dun valiosos obxecto que pode carrexar terribles consecuencias políticas para un dos clans máis influentes de Rokugan: os Grulla.

A aventura inclúe unha guia de inicio coas regras básicas do xogo, o combate e a maxia, así como personaxes prexerados de distintos clans para utilizalos na aventura.

Podedes descargar a aventura neste enlace (require rexistro na comunidade de Edge, o cal é gratuíto):

http://www.edgeent.com/v2/edge_minisite_sec.asp?eidm=176&esem=4

25 feb 2011

Japan Weekend Barcelona

Este ano celébrase a cuarta edición do Japan Weekend Barcelona, no Palau de Congressos de Catalunya. Evento dedicado ao mundo do manga e todos os aspectos que o rodean. Isto tradúcese en moito manga e anime, videoxogos, tradición e cultura xaponesa, superheroes, tecnoloxía e cinema pero abrigo moitas actividades, concursos, xogos, cursos, talleres, exposicións e concertos.
Todo en 2 días espectaculares para non se aburrir nin un só segundo.


Celebrarase en Barcelona os días 26 e 27 de febreiro de 2011. Terá como punto álxido a final nacional do Yamato Cosplay Cup español e contase con diferentes convidados como Spirit d'Air ou Lina Lau entre outros.

22 feb 2011

Novidades Norma Marzo

Norma acaba de anunciar as novidades USA para o mes de marzo

CELLULOID
Dave McKean

O ilustrador de Sandman, Coraline e Mr. Punch descóbrenos outra das súas facetas artísticas con esta novela gráfica erótica. A variedade de temas e o uso de diferentes técnicas artísticas recordan as súas ilustracións que deron cor ás portadas e páxinas interiores de Sandman durante case 10 anos.

232 págs. Color
PVP: 25,00 €

UNIVERSE
Paul Jenkins e Clayton Crain



Servindo de preludio ao novo arco argumental de Top Cow: Artifacts, chéganos a historia de Tom Judge, un antigo sacerdote que perdeu a fe. A súa vida non é máis que unha busca infrutuosa de praceres inmediatos. Pero unha curiosa reliquia coñecida como o Arrebato cruzarase no seu camiño e porao no centro dunha gran guerra.

256 págs. Color
PVP: 20,00 €

19 feb 2011

Engel

Unha semana máis achegámonos ata un dos xogos de rol que aínda editados en España son bastante descoñecidos: Engel.



Engel é un xogo narrativo ambientado nunha Europa post apocalíptica que regresou ao medievo (ao Neo medievo). Unha serie de pragas e desastres naturais precederon á aparición dunhas criaturas sobrenaturais ao servizo do Señor das Moscas, que lle deron o golpe de graza á sociedade do século XXI.

Cun mundo ao bordo da desaparición, a humanidade envórcase nunha nova igrexa que xorde de Italia, a Igrexa Anxelical, que inicia unha cruzada tanto contra as criaturas infernais coma contra os novos príncipes mercadores, humanos que acumularon gran poder, en similitude aos nobres da idade media. Para axudar nesta guerra antes de que rompa o Sétimo Selo que destruiría a humanidade, deus envía á Terra á súa Hueste soberana, os Engel, anxos con corpo de novos e que son precisamente o que encararán os xogadores.

O xogo chéganos dende a versión americana editada por White Wolf (o ;xogo orixinal é alemán), o que fai que se presente un gran problema. Para adaptar o xogo aos gustos do mercado americano, White Wolf sacrificou o sistema de regras orixinal (que empregaba as cartas do Tarot) a favor de usar unha adaptación ao sistema d20.

Non é que non me guste o sistema d20 (de feito, xogo habitualmente con algunha das súas adaptacións), pero o modo en como se implementar en Engel non me remata de convencer. Isto débese a que empregaron unha versión moi reducida das regras, o que fai que se non coñeces o sistema d20 te poidas sentir perdido nalgúns dos seus aspectos. As regras en se non son malas, solo que é precisamente esa brevidade a que fai parecer ao xogo "incompleto", e dado que descoñezo como o sistema de xogo orixinal, non podo afirmar cual é mellor ou peor.

O outro problema que lle vexo a esta edición de engel é a escasa información en determinados puntos, especialmente no relacionado co Señor das Moscas e as súas criaturas infernais. É certo que demasiada información pode estragar a incerteza ou a sorpresa, pero neste caso dous paxinas a me antojan un tanto escasas.

En resumidas contas, Engel non é un mal xogo, cun universo interesante que lle dá unha volta de rosca á idea da apocalipse bíblica. Se coñeces un pouco o sistema d20, as regras non deberían supoñerche un problema, e tampouco deberían darche moito problema se decides adaptalas a outras do teu gusto.

Engel foi editado en España por La Factoría de Ideas, publicando unicamente o manual básico, o cal pódese atopar en moitas ocasións de oferta (aínda que iso se, cun burato tradeado nas páxinas).

Engel
272 páxinas
9.99 € (de oferta)

18 feb 2011

Uzumaki

Guión/Debuxo: Junji Ito
Editorial: Planeta d agostini
Xénero: Seinen
Todo comeza, se é que comeza, con estraños sucesos dentro dun pobo na cál o pai do noivo de Kirie, Shuichi, obsesiónase coas espirais ata o extremo de morrer da peor forma posible. Máis adiante a nai de Shuichi tamén é parte da espiralmania e morre horriblemente. Pouco a pouco o pobo somérxese mais e mais na espiral. A xente tolea debido ás estrañas circunstancias que se presentan. Mortes estrañas, o fume que salgue do cremador forma unha espiral. Furacáns, Caracois xigantes, imaxes bizarras e perturbadoras, o ambiente é totalmente macabro e a loucura é o que máis atrae.
¿Poderán Kirie e Shuichi escapar deste maldito pobo, ou serán levados ao centro da espiral?



O 11 de febreiro de 2000 a lanzo en Xapón, unha adaptación nunha película de acción real chamada Uzumaki, dirixida por Higuchinsky. Unha historia non apta para menores, que calquera fan do terrorífico, sicológico ou gore non pode deixar pasar. Ademais xa están dispoñibles todos os seus tomos así que non hai que esperar para ver o final.

14 feb 2011

San Valentín en Xapón

Hoxe pareceume boa idea explicarvos brevemente como se celebra este data en Xapón. Ademais para os seguidores de manga ou anime, sobre todo shojo, axudáseos a entender moitas circunstancias que aparecen nestes xéneros.  A parte, creo que é bo tanto para uns ou para outros coñecer outras culturas. ^.^

O Día de San Valentín é unha celebración na que os namorados, noivos, esposos ou amigos expresan os eus sentimentos mutuamente. Isto pasa na maioría dos países occidentais, pero en Xapón é diferente. Empezouse a celebrar dende o ano 1936 e a compañía que iniciou este costume foi a empresa de doces Morozoff, e son as mulleres as que regalan chocolates aos homes que poden ser noivos, futuros noivos, esposos, amigos ou compañeiros de traballo. Hai varios tipos de regalo, é dicir, de chocolates:




  • Honmei choco (chocolate verdadeiro): Regálase á parella ou ao noivo, á persoa que se quere de verdade. Algunhas rapazas compran chocolates caros e algunhas preparan elas mesmas o regalo comprando os ingredientes.
  • Giri choco (chocolate de obriga): Este chocolate regálase aos amigos, pais, irmáns ou compañeiros de traballo, e é máis ben un chocolate barato.
  • Tomo choco (chocolate de amizade): Este chocolate é o que se regalan os nenos e nenas nas escolas, e hai colexios que permiten facer este "regalo de amizade".
  • Fami choco (chocolate para a familia): É o chocolate que se regala aos membros da familia, pais, irmáns, fillos.
  • Sewa choco (chocolate de agradecemento): Chocolates ás persoas que nos fixeron un favor, profesores, compañeiros...
  • Gyaku choco (chocolate "ao revés"): É o chocolate que regalan os homes ás mulleres, por iso, como poderán ver, as letras están ao revés ... para rirse, ¿non?


Os rapaces non teñen ningunha obriga ata o día 14 de Marzo (Día branco) cando teñen que devolver o regalo en forma de chocolate branco.

A pesar da diferenza no xeito de celebralo, ao final en temas comerciais é o mesmo vaias a onde vaias. Aínda que é unha festa para pasalo ben e saber que a xente che aprecia ou demostrarllelo o teu, así que paga a pena, ¿non? Feliz San Valentín a todos! ^o^

12 feb 2011

Mutants & Masterminds (Segunda Edición)

Os superheroes constitúen posiblemente un dos xéneros que axudaron a definir o mundo do cómic, e que dada a súa popularidade, deron o salto ao mundo dos xogos de rol. Hoxe comentaremos precisamente un dos xogos de que buscaron trasladar os superheroes ás nosas mesas, o Mutants & Masterminds (M&M).


O M&M baséase no coñecido sistema d20 OGL, aínda que con bastantes cambios. O sistema de creación de personaxes baséase no gasto de puntos, co límite do Nivel de poder, un recordo dos niveis do d20 orixinal. Ao contrario que noutros xogos d20, non se sobe un nivel cando se gañan os suficiente puntos de experiencia, senón que se outorgan puntos de heroe que se inverten en poderes ou dotes e cando gastaron unha determinada cantidade, se sobe de nivel de poder, e que serve de referencia do potencial dos personaxes.

Os puntos poden ser gastados nas características, tiraxes de salvación, valores de combate, dotes,
habilidades e Poderes. O sistema de características habilidades e dotes é moi similar ao doutros xogos d20, así que pasaremos directamente aos poderes.

Poderes
O apartado de poderes de M&M é bastante amplo, grazas en grande medida a que o sistema busca identificar uns poderes base e engadir opcións para modificalos e conseguir o poder buscado.
   Os poderes teñen unha "base" que é o que compra gastando puntos de poder. Segundo o grao de efecto e o alcance que queiramos que teña custará máis ou menos puntos de personaxe por rango de poder. Por exemplo un poder de raio, un ataque a distancia, vai custar 2 puntos por rango. Este rango non afecta á tiraxe de ataque, senón que determina a resistencia ou a dificultade para resistir o poder.
   O poder pode, por suposto, ser modificado. Algúns teñen os seus "efectos especiais" incorporados, como Control Lumínico. A maioría asumen que o xogador lle asignará ao poder un tipo de enerxía básica que defina a fonte do poder, aínda que isto se pode modificar gastando puntos adicionais, con dotes ou con Extras e Defectos.

Regras de xogo
Como outros apartados de M&M, o sistema de xogo é similar a outros xogos d20, aínda que cambia en como se resolve o dano nun combate. Cando un heroe é golpeado por un ataque normal, o obxectivo debe facer unha tiraxe da súa Resistencia +1 d 20 contra o nivel de poder do ataque +15. Se supera a tiraxe non se sofren danos, pero se se falla é cando se sofren danos segundo a diferenza pola que se falle.
   Este sistema pode parecer un pouco estraño ao principio , pero funciona no xogo xa que é rápido e sinxelo.

O xogo ten un bo sistema de poderes, que permite unir nun grupo superheroes de diversas orixes, e o sistema de combate é moi rápido, coa posibilidade de poboalo de "minions" sen que se resinta moito. O principal problema deste xogo é que na súa edición española (a cargo de Nosolorol) está descatalogado e xa non edita, aínda que aínda hai tendas onde se pode atopar (e pode que a bo prezo).

256 páxinas a toda cor, encadernación en cartoné.

Prezo (orixinal) 44,95 €

10 feb 2011

Red



Red o cómic orixinal é outra das marabillas xurdida da inqueda mente do prolífico e transgresor Warren Ellis, autor de series tan imprescindibles como Transmetropolitan, Planetary ou Fell, e tomos tan impactantes como Black Summer, No Hero ou Black Gas. O retorcido protagonista esta vez é un axente retirado ao que non lle deixan tan en paz como quixese... e as terribles consecuencias que sufrirán todos os que lle impiden seguir retirado pero vivo.Como é habitual no autor, o cómic é violento, escuro (grazas á axeitada arte de Cully Hamner) e non deixa de sorprender nin enganchar ata a última páxina. O debuxo de Muy recomendable para amantes de thrillers, espionaxe e/ou conspiracións.

8 feb 2011

Sen Mirar Atras



O debuxante Dani Montero (Catoira 1977) conseguiu con "Sen Mirar Atrás" o Premio de Banda Deseñada Castelao no seu 5º certame, e podemos gozar grazas á Editorial Demo e a Deputación da Coruña dunha edición ampliada con explicacións, bosquexos e
debuxos engadidos doutros autores.

O debuxo case bosquexado componse de grandes viñetas a base de trazos lixeiros e sombras compactas, con algún escaso apuntamento de vermello, e da mesma forma vaise desenvolvendo a historia que se nos narra, de forma áxil, distendida, inocente, pero con tinguiduras cada vez máis dramáticas, máis terribles, e chegando a momentos crueis que nos doen aínda máis porque son tan inesperado como o xiro final.

Esperamos impacientes novas creacións do novo pontevedrés, que continúa enfrascado en múltiples proxectos http://danimontero.blogspot.com

5 feb 2011

Dark Heresy

Dark Heresy é un xogo de rol editado por Edge Entertainment situado no universo de Warhammer 40 K. Os xogadores asumen o papel de acólitos ao servizo do Emperador nun mundo escuro.


O libro básico é dunha calidade sobresaínte. A portada é fantástica e nas contraportadas reprodúcense unhas preciosas cartas estelares. Entre cada capítulo insírese unha ilustración de grande tamaño que axuda visualizar o universo gótico do xogo, o que unido ao anterior fai que Dark Heresy sexa un dos manuais máis bonitos que viu.

A ambientación céntrase en servir ao emperador e manter a paz no seu dominio. O sistema de regras transmite o carácter brutal do universo de WH40k, e se non se vai con coidado, os personaxes poden levar máis dun susto.

O que xa non me gusta tanto do xogo é que se centren exclusivamente nos inquisidores. O universo de WH40k é moi amplo, pero quizais se podería optar por un sistema de creación de personaxes máis xenérico en vez dun baseado en clases, para ampliar así as opcións dos xogadores.

O manual inclúe unha aventura introdutoria, o que é de agradecer para coller o ton da ambientación. É moi sinxela e bastante lineal, o que pode ser bo para os xogadores noveis, pero que en cambio me pareceu un tanto enlatada para o meu gusto.

En resumidas contas, Dark Heresy é un bo xogo de rol baseado dun dos aspectos do impresionante mundo de WH40k. Se che gustaron as novelas de Dan Abnett Eisenhorn, estarás ante o teu xogo.

Outra cousa, o manual non é moi barato (49,95 €), polo que deberías ter presente os aspectos positivos e negativos antes pensar en mercarlo ou non.

4 feb 2011

xxxHOLIC

Guion e debuxo: CLAMP

Editorial: Norma

Xénero: Seinen

Comezou a editarse en Xapón en 2003. Tamén hai unha película publicada en Xapón en 2005 e debido ao éxito comezou a adaptarse no 2006 nunha serie anime de 24 capítulos. Ao final a realizo unha segunda tempada de 13 capítulos no 2008.

A historia trata dun rapaz novo chamado Kimihiro Watanuki cun maldito regalo. El ten a habilidade de ver espíritos malignos, e dalgún xeito parecen atraídos por el.



Un día coñece unha misteriosa muller que se nomea a si mesma Yuuko. Ela di ter os medios para poñer fin ao seu tormento, pero nunca traballa gratis.
Así que o comeza a traballar para ela na súa tenda, ata que considere que cos seus servizos a chegado a cubrir ese pagamento. Pero sería o comezo de todo no momento que descobre que nese lugar nada é o que parece.

Unha historia onde atoparemos un montón de misterio rodeado de espíritos con toques de humor. Algo que non pode deixar pasar calquera persoa que lle interese un mínimo as historias de ocultismo.

En España xa podemos gozar do tomo 17, así que... non o deixedes escapar!

2 feb 2011

Caspa Radioactiva



Autor: Darío Adanti
Ed: Glénat

Para as novas xeracións que non viviron La Codorniz, a revista de humor por excelencia é, sen dúbida, El Jueves.
E das súas páxinas, os meus indiscutibles favoritos son Mauro Entrialgo e o arxentino afincado en España Darío Adanti.

Con estética de animación flash e tinguiduras surrealistas, bizarras, gore e corrosivos, a plétora de personaxes que poboan os seus chistes a 1 ou 3 viñetas, dende El Niño Dios a Beto o mimo tetrapléjico pasando polo Home Gato ou La Familia Tostada, pode que non fagan rir a todos, pero aos que si nos provocan gargalladas e asombro ante a continua superación no nivel do plasmado, este recopilatorio definitivo que completa o aperitivo que foi "Comida cerebral para mutantes felices" é todo un regalo.

+ info en http://www.edicionesglenat.es/noticia.aspx?pId=799

[ Edu Gorende ]

1 feb 2011

Novidades Febreiro


Esperemos que este mes si saia "Vertigo Magazine", a cocteleira de títulos que levamos esperando dende Setembro do 2.010
Si podemos ler Arkham Asylum: Loucura, que parte como cabalo gañador da man do inconfundible Sam Kieth, que esta vez non remata de convencer ao mostrarnos un día na vida dunha enfermeira do lugar, pero sen alcanzar as expectativas creadas.
Dib Buks publica Pecados Veniais 2, con todas as tronchantes peripecias de Clara e Arthur non publicadas no tomo 1, que saberán gozar principalmente os adultos sen tabús pero con sentido do humor.


Norma dá unha nova volta de rosca ao tema de moda dos zombis con "Victorian Undead", ao mesturalos con Sherlock Holmes nunha aventura de investigación e aventura bastante limpita (pouco que ver coa portada).
Seguindo co tema, Panini publica Marvel Zombies 5, unha idea que empezou do máis excitante e divertida, e que acabou caendo na repetición e o aburrimento.
Moito máis recomendable é o tomo Civil War, que marcou un antes e un despois na traxectoria de Capitán América.
http://www.scribd.com/doc/46868059/Novedades-Planeta-febrero
http://www.normaeditorial.com/novedades/Febrero11.pdf
http://www.paninicomics.es/PortletCMS/servlet/DownloadResourceServlet?id_file=270