Autores: Christian T. Petersen + Corey Konieczka
Ed: Edge Ent.
Starcraft, o xogo de Taboleiro, é unha adaptación do máis exitoso xogo de estratexia en tempo real da historia pero nun taboleiro modular sempre diferente en que a diversión está asegurada independentemente do nº de xogadores, que pode ser de 2 a 6.
A adaptación do xogo de ordenador a taboleiro é extraordinariamente fiel ao orixinal, como xa acontecese anteriormente coa adaptación do xogo Warcraft: recursos, edificios, unidades, habilidades, debilidades, melloras... todo o que poidas pedir está incluído, e de forma magnífica, nun xogo que inicialmente parece máis difícil do que é, cun sistema de ordes e loita orixinais e aditivos que aseguran que voen esas 2 a 3 horas de xogo.
Pros: A pila de ordes, o sistema de combate por cartas, as continuas loitas, a magnífica calidade e posta en escena de todo.
Contras: Demasiadas cousas a ter en conta, remátase demasiado rápido como para evolucionar o suficiente, non é doado aprender, ocupa moito.
Comentario Final: Se xogaches ao de ordenador, nin o dubides. Só polas 180 figuras das tres razas xa paga a pena. Se non coñeces a versión de PC pero che gustan os xogos de mesa tipo Risk pero con moitas máis opcións, e sen dados, próbao, encantarache.
No hay comentarios:
Publicar un comentario