1 ene 2010

Party Games

Xogos ideais para unha festa, aniversario ou reunión de colegas en que vos queirades botar unhas risas

Hombres Lobo de Castronegro / Lupus in Tabula

Non hai mellor xogo se hai un mínimo de 8 persoas reunidas.
Repártense en segredo personaxes, entre os cales hai 2 homes lobo, que cada noite mata un aldeán. De día o pobo dialoga, todo o mundo di canto quere ata que alguén é linchado.
Dá igual que morras, saber quen é quen e ver como seguen actuando é igual ou máis divertido que seguir convencendo da túa inocencia.
Sempre quereredes botar unha partida máis.

Party & Co Extreme 2.0 / Gran Tabú
Xogos por equipos para calquera número de xogadores, con variadas probas de enxeño, velocidade, debuxo, mímica, psicoloxía, e sempre con moitas risas.

Black Stories / El club de los martes

Unha proposición dun caso, e respostas de si ou non ante as preguntas do resto. Non fai falta nin levar as cartas, unha vez resolto un caso, se pode repetir a un número de investigadores de 1 a infinito resultando igual de divertido.
Especialmente recomendado en longas viaxes ou calquera anaco nun bar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario