Autor: Tsuneo Goda
Edita: Edge Ent.
Xénero: Kodomo
O éxito deste simpático personaxe comezou cos seus numerosos curtos de pouca duración emitidos por Nickelodeon no 2008. Hoxe en día xa podemos gozar do manga, un tomo único de 92 páxinas a toda cor e aínda que sen sobrecubertas, cunha impresión e calidade do papel moi boas.
Domo-kun é a mascota da cadea de televisión NHK de Xapón e aparece en moitos curtos empregando a técnica de animación stop-motion (que é a técnica de facer películas sacando foto a foto).
Domo-kun é unha pequena criatura marrón con aparencia de monstro estraño; ten os ollos negros e unha boca aberta que revela os seus dentes puntiagudos. Naceu dun ovo e vive nunha cova subterránea cunha osa coñecida como Jii Chan, e con Usajii (o avó); un sabio coello que adora ver a televisión e tomar té (en xaponés, "Usagi" = coello, "Oyaji" = home maior). Tamén nesa cova convive con dous morcegos; unha nai e unha filla, chamadas Shinobu, que ten un problema coa bebida, e Morio respectivamente. Outro peculiar personaxe é unha denociña adolescente chamada Ta chan, que soña con ser modelo.
Unha divertida historia na que os animais falan, ven a tele e xogan á Wii (entre outras cousas).
Unha historia chea de surrealismo, que busca divertir a un público de todas as idades. O tomo xa está dispoñible a un prezo de 12,95 €
[por Myu-chan (Bea)]
Os seus curtos de animación clásica pódense ver por toda a rede, e agora su cómic curto a base de pequenas historias dunhas poucas páxinas nas cales Domo se dedica a romper con todo o que atopa o seu paso.
Os deseños de personaxes son do máis adorable, e probablemente as historias fagan as delicias dos máis pequenos, pero a calquera lector maior de 15 anos vanlle resultar demasiado simples e repetitivas.
[por Gorende (Ed)]
No hay comentarios:
Publicar un comentario