3 ene 2010

Xogos en Familia

Xogos ideais para as reunións navideño tanto con membros moi novos como outros moi maiores, que se explican e xogan en pouco tempo e teñen moita interacción entre os xogadores.

Aventureros al Tren - Europa

De todas as versións recomendamos ésta ao ser a máis próxima e incluír un par de melloras respecto do orixinal americano. Explícase no medio minuto e remátase en menos de 1 hora, deixando un espectacular mapa de Europa enchida de fichas de trens a cor.

Colonos de Catán
O xogo clásico de recolección, comercio e expansión. Nada de ataques nin mal rolo, 1 illa e moitos lugares nos que conseguir madeira, rocha, poboados e rutas comerciais.

Carcassonne

Xogo de coller ao chou cadrados de terreo e colocalos na mesa, poñendo os nosos bonecos de madeira onde máis nos interese para gañar puntos.
Explicado en 3 minutos, xogado en 30, ampliable ata o infinito.

UNO
O xogo de cartas máis estendido, descártate colocando a mesma cor ou o mesmo número do anterior, ata quedar sen cartas.
Mellor canto máis rápido se xogue, ideal tamén para praia piscina ou campo.

Jenga

O clásico xogo de coller un bloque de madeira do medio e poñelo arriba de todo.
Simple, tenso e efectivo para todas as idades.
Hai infinidade de versións e materiais, incluíndo unha de plástico da mesma compañía do UNO, chamada "Stacko"

Todos os xogos presentados teñen variantes e ampliacións, pero os xogos
básicos sobran para gozar de horas e horas de diversión para toda a
familia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario