Xogos de cartas sinxelos, rápidos e rechamantes, recomendables para todo o mundo e que podes levarte a calquera reunión, bar, acampada ou, que en canto a cousa decaia espertarán a todo o mundo de inmediato.
- Sabotador (Saboteur)
Un xogo de taboleiro camuflado en cartas: vaite colocando túneles ata chegar a un dos posibles oros. Pero coidado, entre os traballadores ananos hai un ou máis sabotadores que intentarán evitalo custe o que custe.
- Toma 6 (6 nimmt)
O xogo dos bois, perfectamente escalable de 3 a 20 xogadores sendo
igualmente divertido e disfrutable.
Todos escollen carta boca abaixo, descóbrense á vez, colócanse en orde, e o que poña a 6ª leva toda a fila cos bois. O que acabe con menos bois gana.
Versión online para aprender en
http://www.onlinebrettspiele.de/6nimmt/Default.asp?l=sp
- No Gracias (No Thanks)
Máis doado imposible: ou colles unha carta ou pagas unha ficha. Ao final conta a carta máis baixa da serie, e restas as túas fichas. Un pouco de memoria, visión e decisión para o xogo coas quendas máis veloces que coñezo.
- Se Vende (For Sale)
Hai moitos xogos de poxas, pero ningún tan doado, intuitivo e divertido como este.Puxa por casas de valor 1 a 30, e véndeas logo polos billetes que saian, escollendo o comprado anteriormente de forma simultánea entre todos os xogadores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario