Novidades do mes de xaneiro:
Para paliar a crise, dous clásicos españois incombustibles editados por Edicións B: Super Lopez + Mortadelo e Filemón.
Astiberri vai xa pola 5ª edición do "Libro dos conejitos suicidas", un clásico moderno imprescindible.
Glénat presenta o tomo único "Pinocho Blues" onde o soriano (afincado en Zaragoza) Carlos Bribián reinventa o clásico personaxe.
Norma saca 2ª edición do 1er tomo de PLANETARY con guión de Warren "Transmetropolitan" Ellis e debuxo de John "Desperadoes" Cassaday, algo máis que un grupo de superpoderes para defender e controlar o planeta, outra xenialidade xurdida da mente de Ellis, con toda a etapa que creou e guionizó nun só tomo de 304 pags. por 26 €
Panini reedita en 1 só tomo os números fundamentais de "La Tumba de Dracula", o setenteiro cómic de Marv Wolfman e Gene Colan, de onde saíu o agora famoso Blade. Pode resultar anticuado, pero no seu día rompeu moldes.
Planeta anuncia Spawn: Godslayer como un novo inicio para a serie creada de Todd McFarlane, pero realmente só durou 8 números, aínda que ben realizados polo equipo detrás de "Aria", Brian Holguin e Jay Anacleto.
A Cupula completa co "Demonio Rojo: Siga Usted Todo Tieso" a totalidade dos cómics que non entraron no tomo anterior, mostrando como o sempre xenial Mauro Entrialgo analiza da forma máis cínica e divertida a realidade de todo o que nos rodea. Como "Angel Sefija", pero moito máis incisivo e ferinte.
O pontevedrés Manel Loureiro publica en Praza & Janes "Días Oscuros", a continuación de "Apocalipsis Z", que editou no seu día Dolmen, os cáles proseguen coa súa liña zombi coa novela "Apocalipsis Island", de Vicente García, que podes probar no seu blog http://apocalipsisland.wordpress.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario