24 dic 2009

Merchandising 2009

Para as nenas e non tan nenas:


A gata máis famosa cumpre os 35 anos de idade lanzando ao mercado novos artigos e complementos. A súa repercusión é mundial e, parece, que os anos non pasan para este icono mundial. Será un acerto seguro.

Para os nostálxicos:


Sempre podes sorprender aos seguidores do anime cunha reprodución do seu personaxe favorito.

Para os fans do terror:


Mezco toys leva deleitándonos durante moitos anos coa súa serie de figuras sinistras máis famosa, as Living Dead Dolls. Co lanzamento da serie 19, quixeron sorprendernos creando reproducións de personaxes tan entrañables como Frankestein ou Drácula, serán o agasaio perfecto para calquera aficcionado do xénero máis escuro.

Para os artistas:

Por que non os sorprender cunha camiseta dun dos nosos ilustradores máis consagrados, Luis Royo.

Para os otakus:


Unha das series con máis seguidores e con máis variedade de merchandising é Death Note, na túa tenda habitual poderás atopar dende camisetas, sudadera e bolsos, ata figuritas e réplicas dos colgantes dos protagonistas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario