Autor: Manel Cráneo
Ed: demo
Repaso a unha das páxinas máis memorables da nosa historia: a revolta Irmandiña dos zorregados campesiños de Pontedeume e Betanzos, que durante máis de dous anos tiveron en xaque aos nobres que constantemente abusaban do seu poder.
Usando viñetas cheas de bocadillos e algunha dobre páxina con textos de estilo antigo relátasenos os feitos con personaxes próximos e reais, nun ton agridoce acorde co final real de todo o episodio.
A batalla que se narra no cómic recréase cada ano en Moeche, e o xogo de rol en vivo de Irmandiños logrou reunir a 800 participantes na súa edición do 2.008, logrando un record guiness que esperan superar coa edición deste ano 2.010
No hay comentarios:
Publicar un comentario