4 dic 2009

Nana


Autor: Ai yazawa
Ed: Planeta
Xénero: Josei (manga creado principalmente por mulleres para un público de mulleres novas e adultas)

Comezou publicarse en Xapón o 15 de Maio do 2000. Os 12 primeiros volumes da serie venderon máis de 22 millóns de copias converténdose ademais no mellor manga editado en España.

Nana Komatsu é unha rapaza frívola, enamoradiza e supersticiosa. Nana Oosaki é unha rapaza solitaria, independente e decidida. Dúas rapazas co mesmo nome e idade pero que non teñen nada en común. Debido a certas circunstancias persoais as súas respectivas vidas acaban de sufrir un forte cambio e case por casualidade, Tokyo unirá ás dúas mozas entre as que nacerá unha intensa amizade. Rematarán compartindo piso e xuntas vivirán os seus particulares historias de amores e desamores, os seus problemas, os seus sonos, inquietudes persoais e segredos.

En Xapón xa se publicou o tomo 22, aínda que en España se detivo no 20 e polo que parece teremos que esperar un pouco ata que se editen aquí. (A min aféctame persoalmente... T.T) Aínda que como alternativa sempre poderedes gozar do anime de 47 episodios editado por Jonu media, aínda que para o meu gusto o final é demasiado apurado e incompleto xa que cobre ata o tomo 16 máis ou menos.
Así que se de verdade queredes gozar desta serie xa sabedes... ¡ A ler díxose!

Curiosidade: Tanto Nana Oosaki como os seus compañeiros de grupo teñen unha grande influencia dos Sex Pistols, un mesmo é a viva imaxe de Sid Vicious (Ren Honjo).

[por Myu-chan (Bea)]

Nota: Por qué "o mellor manga editado en España" ?
Así foi denominado en canto se empezou a ver o grande éxito que alcanzaba... o seu estilo de debuxo case impecable e os detalles que contiña páxina a páxina non pasaron desapercibidos entro os lectores.
Cada personaxe consta da súa propia historia persoal á vez entrelazadas entre se, provocando que pronto se lles colla cariño.
O argumento dá moitos xiros inesperados facendo así que unha historia como outra calquera de amor e sonos se converta nunha gran historia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario