Xogo de Cartas
Deseño: Anxo Paredes e Manuel J. Sueiro
Ilustracións: David Llorente
Editorial: NoSoloRol
Neste xogo de cartas de temática Zombie, teremos que lograr fuxir da ameaza non-morta, explorando na busca de superviventes, novo equipo, e vehículos de escape.
Non xogamos as cartas directamente sobre o nóso grupo de superviventes, senón que vanse colocando nas localizacións ata enchelas, momento no que podemos entrar e levarnos o que atopemos,... se os zombies e os outros xogadores nolo permiten.
Pros:
- Ambientación moi lograda, con regras e encontros que encaixan perfectamente co tema.
- Facilidade de explicación: é perfectamente xogable en festas con xente non habituada a este tipo de xogos.
- Se un xogador morre, segue xogando coma zombi.
- Excelente calidade e satinado das cartas para máxima durabilidade. Caixa non sobredimensionada.
- Totalmente bilingüe, en Castelán e Inglés.
Contras:
- Ilustrado con fotos retocadas para dar aspecto de cómic (ainda que a mín me gusta)
- Certas regras e cartas deberían aclararse máis.
- As partidas poden alongarse demasiado.
Podes descargarte as regras directamente da páxina NoSoloRol.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario