12 dic 2009

Patente de Corso


Autor: Bruno Faidutti
Ed: Edge

Un precioso xogo de naves, tesouros e engano sen relación co Capitán Alatriste de Perez-reverte. Con magnificas figuritas de naves e estupendas ilustracións, intentamos adiviñar que barco poría noso rival en qué tesouro.
Cada xogador ten 5 barcos, 2 cun canón debaixo, 3 cartas de canón, e 5 de tesouro, do 3 ao 7. Pos unha carta de tesouro ante ti e un barco enriba, se alguén che ataca e o barco ten un canón, quedas coa súa carta de ataque. Se non ten, queda co teu tesouro.
Iso é todo, un xogo demasiado simple, que malia o seu magnífico contido queda en pouco máis que unha partida de chineses.

No hay comentarios:

Publicar un comentario