8 dic 2009

13 Inches



Crador: Nekro
Editorial: Norma
Como o mesmo autor o define, é toda unha poesía visual plasmada dunha forma absolutamente espectacular na que predominan os negros, brancos e grises, iluminados con fulgores de furioso lume vermello.





Mestura de deseño 3D, ilustración e retoque fotográfico, os fantásticos mundos que se abren ante os nosos ollos atopanse enchidos de chaves ocultas, deuses de pedra, ciclópeos paisaxes e criaturas de metal.




Cada imaxe está repleta de detalles, e podemos pasarnos horas admirando cada páxina, acompañadas por un texto que nos traslada mediante unha onírica viaxe aos máis recónditos lugares do universo de 13 Inches.

No hay comentarios:

Publicar un comentario