2 dic 2009

Black Summer



Guión: Warren Ellis
Dibujo: Juan José Ryp
Editorial: Glenat / Avatar

Warren Ellis, o prolífico e xenial autor británico creador de series tan imprescindibles como 'Transmetropolitan', 'Strange Kiss' ou 'Fell', une a súa xenialidade á do ultra detallista andaluz Juan José Ryp, do que puidemos gozar o abraiante Frank Miller' s Robocop.



Esta mini serie, reunida nun só tomo para a ocasión (máis un montón de extras: portadas alternativas, bosquexos, etc), arranca cun asasinato de moi altos voos e dende aí non deixa de sorprender e asombrar cun frenético ritmo de escenas de acción e diálogos dignos de reflexión.

Absolutamente recomendable, un claro exemplo do bo facer dos dous autores, aos cales podemos seguir nos seus respectivos blogs: http://warren-ellis.livejournal.com e http://juanjoseryp.blogspot.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario