- Bang
Rápido, dinámico, sinxelo, aditivo, o xogo que todo o mundo desexa volver xogar, con quendas de segundos, identidades ocultas, interacción ininterrompida e diversión asegurada.
Cando o probes, xa non poderás parar de disparar.
- Dominion
O xogo de cartas que se levou todos os premios habidos e por haber e con razón, tan aditivo estratéxico e diferente para expertos como para non iniciados, e en que cada partida é diferente ao escoller 10 sets de cartas dos 25 dispoñibles. Cun que cambies, as posibilidades son totalmente diferentes.
Iso, sen contar coas 2 expansións a maiores.
- La Sombra de Cthulhu
Poderiamos dicir que é unha versión simplificada do Arkham Horror, polo doado de explicar e xogar, aínda que gañar aos monstros lovecraftianos é fariña doutro costal.
A ilustración de portada é probablemente a peor dun xogo con magníficos gráficos, unha caixa perfectamente preparada para ter todo o seu contido ordenado, e uns cantos portais e monstros de todo tipo aos que teremos que enfrontarnos antes de encararnos directamente co Primigenio correspondente.
Aínda que a sinxeleza da mecánica e loitar unidos contra o mal é moi atraente, haberá que ter paciencia se os primeiros intentos acaban coa morte e/ou perdida total de cordura de todos os investigadores involucrados.
- World of Warcraft: El Juego de Aventuras
Tras o éxito do anterior xogo de taboleiro coas súas máis de 100 figuras, neste atopámonos poucas pezas de plástico (loxicamente, custa a metade), pero máis interacción, axilidade, diversidade, posibilidades, aventuras e exploración no mundo armas e feitizos de Warcraft, ideais para continuar a diversión con outros xogadores pero cara a cara, deixando un anaco de lado a pantalla do Pc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario