13 abr 2012

Hakaiju

Guion e debuxo: Shingo Honda

Editorial: Ivrea

Xénero: Seinen

En marzo, a editorial Ivrea puxo á nosa disposición un dos mangas máis impactantes de terror que está en boca de todos en Xapón. Editaranse en formato tankoubon e a un prezo de 8 € cada un. Por agora editáronse en Xapón cinco tomos, e a serie permanece aberta.



Akira Takashiro era un estudante normal de secundaria, interesado no club de baloncesto do seu instituto e as rapazas, como calquera rapaz da súa idade. Ese día parecía un día normal, co son da campá, o inicio das clases e todo iso que pasa nun día de escola. Non obstante, esa tarde a cidade é devastada polo terremoto máis violento que xamais viviu. Despois de sobrevivir á catástrofe, Akira espértase cheo de contusións e rodeado dos corpos dos seus compañeiros, mentres uns monstros descoñecidos os devoran. O mundo que coñecía cambiou por completo e agora o seu futuro resúmese nunha soa palabra: sobrevivir!

Nesta serie, Shingo Honda mestura o seu talento gráfico rico en detalles cun grande argumento. Non vos perdades esta serie NON APTA PARA MENORES que sen dúbida promete.

No hay comentarios:

Publicar un comentario