6 abr 2012

Agharta

Guión e debuxo: Takahal Matsumoto

Editorial: Norma

Xénero: Seinen

Comezou a publicarse en Xapón en 1997 pola revista Shueisha Ultra Jump.




Nun mundo desolado, as bandas armadas toman todo aquilo que desexan. Despois dun cataclismo, a terra convértese nun inmenso deserto no que a escaseza de auga potable fai que sexa un ben valioso. A historia céntrase arredor de Juju, un adolescente que pertence a unha das bandas que imperan en nome das novas organizacións e abandona ese camiño cando coñece unha misteriosa moza que posúe unha gran forza, Rael. E esa forza só se pode controlar con cadeas. Cal é o motivo? Unha rapaza que talvez será capaz de salvar a humanidade.

Xa podemos gozar da obra completa de 9 tomos,¡A gozar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario