Seguindo coa liña de produtos de Canción de Lume e Xeo, hoxe toca a aventura de Perigo en Desembarco do Rei
Ambientada nun torneo de cabaleiros, a aventura preséntanos unha complexa trama na que os personaxes terán que ter coidado de como manobrar para non prexudicar á súa casa.
A trama, aínda que complexa, está ben presentada, e inclúe os suficientes alicientes para que ninguén quede sentado a ver que pasa. a diferencia da aventura que incluía a pantalla, esta ten unha historia central moi desenvolvida, e non é dun estilo tan aberto.
Un punto ao seu favor é que se inclúen consellos para integrar os diversos personaxes para que non se sintan desprazados (como aqueles que non sexan bos en armas, xa que estamos ante un torneo). Non obstante, se que debería haber polo menos un cabaleiro para xogar.
Como apendice final, inclúese unha guía de Desembarco do Rei. Non é especialmente completa pero axudará a desenvolver as partidas que queiras ambientar na capital.
En resumo, esta aventura é bastante interesante, con bastantes opcións de xogo. Aínda que o combate está presente, a intriga palaciana non debe ser deixada a un lado, xa que con ela farán desta historia algo especial.
Formato Libro Rústica
96 Páxinas
14,95€
Tamén pode adquirirse en formato PDF a través de DriveThru ao prezo de 8,38 €
11 jun 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario