18 jun 2011

Guía de Campaña Canción de Hielo y Fuego

Finalmente temos en España la Guía de Campaña de Canción de Hielo y Fuego.


Como libro de referencia hai que dicir que é bastante completo, tanto para os fans da serie que queiran coñecer o mundo, coma para os que queiran xogar campañas en Poñente. Inclúe a información aparecida nas diversas novelas e cómics da saga, convenientemente agrupadas e formatar para unha doada lectura, o que fai que tamén poida ser interesante para os que non estean interesados no xogo de rol.
  Os mapas están máis detallados, xa que se inclúen os diversos lugares citados nas novelas. Tamén se inclúen diversos detalles da historia de poñente, desenvolvidos coma se se tratase dun libro de historia, facilitando a súa lectura, especialmente para os que se achegan a esta saga por primeira vez

Tamén se inclúen descricións detalladas de diversas casas nobres e lugares, pensando sobre todo no seu uso nas partidas de rol. e quizais este sexa o contido máis importante con respecto ao xogo, xa que en liñas xerais non se inclúe moita información a nivel de rol.

Para rematar, o libro está ben presentado, con boas ilustracións que axudan a imaxinar o mundo de Poñente, e o que é máis importante, presenta de xeito adecuado como é o mundo creado por George R.R. Martin, algo no que fallaba o manual básico.

Libro a toda cor, Cartoné
248 Páxinas
39,95€

Tamén pode adquirirse en formato PDF a través de DriveThru ao prezo de €14,02

No hay comentarios:

Publicar un comentario