10 jun 2011

DRIFTERS

Guion e debuxo: Kota Hirano
Editorial: Norma
Xénero: Seinen

O autor de Hellsing regresa cunha inquietante historia sobre famosos personaxes históricos que non morreron como contan as crónicas, senón que se viron "arrastrados" por unha organización misteriosa que os fai viaxar no tempo e no espazo... con fins descoñecidos.



Mentres Shimazu Toyohisa(protagonista) participaba na Batalla de Sekigahara logra ferir gravemente a Ii Naomasa, o cal, despois retírase. Mentres Toyohisa camiña sen sentido no campo de batalla, ferido e con hemorraxias, é teletransportado a un corredor con varias portas; no centro atópase un estraño home no seu escritorio con varios documentos entre os cales estaba o de Shimazu.
Mentres está sorprendido por isto, é succionado pola porta máis próxima e esperta noutro mundo, onde tamén se atopan varios personaxes históricos e grandes guerreiros como el, tamén teletransportados e os cales son denominados "Drifters".
Neste mundo coexisten varias razas fantásticas, como elfos, ananos e hobbits, que están a perder unha grande guerra coa poboación humana deste mundo.
Agora, os pobos "semihumanos" son subyugados por estes seres humanos, que lles prohiben fraternizar cos Drifters.
Non obstante, o mundo está en guerra e os humanos deste mundo libran unha guerra case perdida contra outro grupo de grandes guerreiros, os "Offscourings", que desexan dominar o mundo e matar a todos os
Drifters. Baixo o mando dos Offscourings hai varias criaturas terribles, como dragóns, que son utilizadas para destruír todo ao seu paso.
Ao inicio da serie, o exército dos Offscourings ten o control da parte norte do continente, e actualmente están a tratar de invadir o sur a través dunha fortaleza clave no extremo norte dunha nación chamada Carnéades.
Mentres tanto, a "Organización Octubrista", un grupo de magos humanos nativos deste mundo, intenta reunir aos Drifters para salvar ao mundo dos brutais Offscourings.

Intriga, acción e o humor característico de Kohta Hirano espéravos nunha nova historia que promete.

No hay comentarios:

Publicar un comentario