4 jun 2011

Canción de Hielo y Fuego: Pantalla del Narrador

Como complemento do manual básico, Edge editou o kit do narrador que inclúe unha pantalla de tres paneis de cartón con táboas e resumos de axuda por un lado e unha ilustración do Muro polo outro (aínda que a ilustración non é gran cousa para o meu gusto).


A Pantalla do Narrador tamén contén un mapa pregable a toda cor de Poñente e unha aventura introdutoria de 16 páxinas escrita por Steve Kenson.

Esta aventura enmárcase nunha voda entre membros da nobreza, e ten un desenvolvemento bastante aberto, polo que cada director de xogo ten liberdade para adaptala ao seu grupo de xogo.

Pantalla en cartoné, libreto e mapa
16 Páxinas
19,95€

No hay comentarios:

Publicar un comentario