17 jun 2011

Samurai Deeper Kyo

Guión e debuxo: Akimine Kamijyo
Editorial: Glénat
Xénero: Shonen

O manga comezou a publicarse en outubro de 1999 no Shukan Shonen Magazine e conduciu á adaptación dunha serie do anime do mesmo nome do estudio Deen. Ambos os dous combinan a acción co sobrenatural aínda que existen varias diferenzas importantes a ter en conta entre o anime e o manga, como por exemplo a historia do personaxe. Tamén hai que destacar que o manga é moito máis detallado contando detalles da
historia e menos censura en canto a batallas.


No ano 1600 desenvólvese en Xapón unha importante batalla na que Kyo (o noso protagonista principal) é convertido en lenda tras matar 1000 homes. Durante a batalla Kyo atópase con Kyoshiro un samurái notable que é considerado como o seu único rival e pretende detelo. En metade da súa pelexa cae un meteorito e non deixa rastro de ningún deles.

Catro anos máis tarde Kyoshiro traballa como vendedor ambulante de medicinas e non recorda nada do que sucedeu con Kyo. No seu camiño atópase con Yuya, unha cazarrecompensas que en principio ía atrapar a Kyoshiro porque cría que era Kyo. Máis tarde se dá conta que Kyo está encerrado no corpo de Kyoshiro e que unha vez aparece Kyo só pensa en recuperar o seu corpo e despois matar a Kyoshiro.
Unha serie de acción trepidante cun enfoque marabillosamente irónico sobre toda a mitoloxía dos samuráis e o bushido, ademais xa se pode gozar da serie completa. 38 volumes que se che farán moi curtos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario