10 feb 2012

Galism


Guión e debuxo: Mayumi Yokoyama
Editorial: Panini
Xénero: Shojo
Comezou a publicarse en Xapón no 2004 e tamén foron publicados como antoloxías pola editorial Shogakukan.

Posiblemente os pais das irmás Ugajin non sabían o que estaban a facer cando deixaron ás súas tres fillas soas na casa, sen máis vixilancia que a dun ancián... ¿Que é o que pode acontecer cando se deixa a tres tolas adolescentes soas na casa? O peor chega cando deben traballar para aquel que financiou a viaxe dos seus aventureiros pais...
As irmás (de maior a menor) Yuri, Nobara e Ran Ugajin cren que a partir do momento no que os seus pais se van de viaxe, van poder facer todo aquilo que se lles veña en gana. Non obstante, aparece un ancián, con cara de boa persoa, que resulta ser o que lles prestou o diñeiro aos seus pais para que estes poidan viaxar. ¿Que é o que lles pide a cambio? O que todo home de avanzada idade pediría... que coiden e axuden ao seu neto.
Todo parece moi doado, e seríao se non fose porque axudar o neto do fundador da Academia Manten (instituto ao que acoden as tres irmás) significa converterse nas xusticeiras da academia. A partir dese momento deberán facer todo o que Kento, o neto do fundador da academia, lles ordene, e entre un deses traballos deben espiar aos máis sospeitosos do instituto, e se os encontran en actitudes violentas... expulsaranos do instituto.
A menor e máis inexperta das irmás, Ran, deberá vixiar a Yûdai Araki, un dos guapos (e máis perigosos) candidatos a ser expulsado da academia. E se non fose porque o rapaz en cuestión empeza a atraela... non habería ningún problema.
Velaquí unha obra dunha comedia romántica de alta tensión coa que nos obsequia esta autora. ¡Así que non lla pode perder ningún afeccionado a esta temática! Xa podedes gozar do tomo 6.

No hay comentarios:

Publicar un comentario