3 feb 2012

Blame!

Guion e debuxo: Tsutomu Nikei

 Editorial: Glénat

 Xénero: Seinen

Comezou a publicarse en Xapón en 1998 e a primeira aparición do cómic foi na revista Afernoon Mangabon.


A historia céntrase en Killy un mozo aventureiro que nos mostrará un novo mundo. Todo transcorre nunha realidade distópica, futurista e escura na que o ser humano queda alienado por unha realidade dominada por unha tecnoloxía hostil á vida natural. O universo de Blame!, relacionado co concepto da Esfera de Dyson, é pechado e puramente artificial e tecnolóxico; trátase dunha maraña de niveis de estruturas metálicas e camiños labirínticos que os conectan. Apenas existen seres humanos e as criaturas que o poboan van dende robots sen aparente consciencia ata androides cos seus particulares formas de vida cibernética.

Unha mestura impactante entre a estética Matrix e o cine gore. Novos persoaxes e novas ameazas introduciranse no universo que Nihei creou. Todo isto xunto cun guion brillante e un debuxo realmente espectacular, sobre todo nas paisaxes e explosións, converteron Blame! nun manga que non deixa indiferente. Un estilo cyberpunk do que xa podes gozar de todos os seus tomos ao completo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario