Guión e
debuxo: Kitsune Tennoji
Editorial:
Ivréa
Xénero:
Shonen
Foi
publicado orixinalmente pola revista Comptiq pero despois da última publicación
en 1994 trasladouse a Shonen Ace.
Hai moito
tempo dise que Deus se volveu contra a súa creación, o ser humano. Decidido a
eliminalo dirixiuse á Terra para lograr o seu labor pero encontrouse cun
cazador de deuses que o asasinou coa súa propia espada. Ao morrer, a enerxía de
Deus dispersouse creando deuses menores que, sen rancores, se dedicaron a
protexer os humanos, polo menos a gran maioría. Na actualidade o mundo está
dividido entre a Terra e as cidades flotantes onde viven os deuses e ás cales
llelas denomina como Edens. O noso protagonista Jorrne é un novo granxeiro que
se aventura cara á cidade flotante Eden para rencontrarse coa súa nai, pero o
camiño non lle será nada doado. Jorrne deberá enfrontarse a unha longa lista de
adversarios, dende escuras maquinarias bélicas ata os mesmos asasinos do seu
pai, á vez que novos amigos se sumarán na ruta. Eles defenderán a paz deste
mundo mentres descobren unha longa lista de verdades sobre Eden e os seus
habitantes... e o gran misterio: ¿por que todos afirman que Jorrne é o
"Asasino de deuses"?
Chega un
universo fantástico de espadas, bruxería, erotismo e ciencia ficción, creado
por Kitsune Tennoji. Unha historia épica que conta tamén cunha adaptación a 26
episodios de anime. Grazas a esta editorial xa podemos gozar do tomo 15.
No hay comentarios:
Publicar un comentario