3 nov 2011

YES WE CAMP! TRAZOS PARA UNA (R)EVOLUCION

Yes We Camp!, tráenos unha reflexión ilustrada do movemento 15-M, do que supuso e supón para moita xente. Tamén nos ensina diversos puntos de vista da realidade socioeconómica que vivimos: economistas, escritores, académicos, xente corrente,..., escriben nel, o cal realmente te abre os ollos para ver que esta crise que vivimos ten uns motivos moi fundamentados e que xa todos coñecemos. Non é un comic horizontal, nin todos os que participan nel estiveron acampados nunha praza, pero a pluraridade da súa linguaxe e os seus autores e a pluraridade do movemento 15-M.




Xunto ás reflexións escritas, encontrámonos reflexións debuxadas de grandes autores, que poden ir dende un silencio pictórico absoluto (so pinceladas), ate as escenas puramente dialogadas. Todo cun único fin, mostrarnos á realidade  para que non esteamos calados, quedos, asoballados. É unha porta aberta o falar, o facer, para  tomar as rendas dunha sociedade que cada vez controlamos menos, ainda que somos nos quenes a formamos. Recomendámosvos este comic, polo que ensina, e polo momento no que vivimos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario