4 nov 2011
A melodía das estrelas
Guion e debuxo: Natsuki Takaya
Editorial: Norma
Xénero: Shojo
Comezou a publicarse en Xapón en 2008, por Hakusensha INC.
Sakuya Shiina, é unha moza de 17 anos que vive co seu primo Kanade, que coida dela porque os seus pais a abandonaron, e cada vez que sente triste ou decaída, solo con mirar ás estrelas e oír a súa melodía xa séntese de mellor humor. Nos seus 18 aniversario coñece Chihiro, un novo misterioso que demostra sabes moito sobre ela e o que sente coas estrelas.
Ao día seguinte descobre que nin ela nin Kanade saben nada sobre esta misteriosa persoa. A pesar das advertencias de Kanade para que non o buscase, Sakuya está decidida a que o quere volver velo e descubrir mais sobre Chihiro.
Despois dunha reunión do Hokan (o club de afeccionados á astronomía) ao que só participan Hijiri Honjo e Yuri Murakami, atopa a Chihiro no tren, pero xa non era o mesmo, e dille que a odia, neste momento Sakuya séntese triste pero tamén descobre que está namorada.
Unha grande serie onde os seguidores desta autora poderán experimentar unha grande evolución na súa historia e debuxo. Xa á vosa disposición o tomo 9.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario