20 nov 2011
Catálogo de criaturas de Sol Escuro
Para completar a liña de Sol Escuro, Devir ofrécenos o Catálogo de Criaturas, coa vantaxe de que na edición española se inclúe o módulo Merodeadores do mar das Dunas, de 32 páxinas e un mapa.
Este libro inclúe máis de 200 novos mónstruos deseñados para o hostil mundo de Athas, cunha sección dedicada a 13 personaxes destacados do mundo, incluíndo os temibles reis feiticeiros. Outro dos capítulos está dedicado ás razas convencionais de Dungeons & Dragons (aparecidas noutros libros, como os elfos, eladrines, humanos, etc.) e como se adaptan a este escenario de campaña.
O último capítulo é unha sección dedicada a opcións de encontro que permite adaptar monstros de otrso mundos aos desertos de Athas, temas de monstros que permiten adaptar un conxunto de poderes para que un grupo de monstros aperenten unha mesma procedencia (por exemplo o monstro deformado polo sol ou o criado na area). Para rematar esta sección, temos un pequeno apéndice final sobre condicións do terreo e uns cantos perigos tamén típicos de Athas.
A aventura Merodeadores do mar das Dunas é para personaxes de nivel 2, co que poderás xogala a continuación dos tres encontros do escenario de campaña. Ademais, o seu deseño un tanto aberto deixa bastante espazo para que o director de xogo poida adaptala á súa campaña.
Prezo: 30 euros
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario