23 nov 2011
BRAINIAC DE GEOFF JHONS Y GARY FRANK
Geoff Jhons, un dos puntais das novas sagas de DC, revisita un dos inimigos por antonomasia de Superman, refacendo a relación entre este e o home de aceiro. Esta revisión do personaxe daría despois pé á saga de Novo Kripton, xa que nela se presenta o inicio da nova situación de Kandor na terra.
O cómic ten todos os compoñentes necesarios para a súa obrigada lectura: un guión francamente bo que ten aires renovadores e á vez un toque anello, que o fará converterse nun clásico dentro do cómic actual, e uns debuxos que xa quixesen para se moitas sagas ou cómics anunciados como de primeiro nivel.
Realmente Gary Frank non ten nada que envexar aos grandes, porque é un dos grandes.
Posúe un debuxo realista e dinámico, que lle dá ás viñetas unha beleza plástica dun nivel máis que aceptable, dominando tanto os planos curtos e impactantes como escenas de grande angular.
Pero volvendo ao guión, como diciamos, nel revísase a relación entre Superman e o seu archienemigo Brainiac, relación que se remonta ao ano 1964, aí é nada. A pesar de que vimos este supervillano con múltiples caras, Geoff dálle unha volta de rosca ao personaxe dicindo que superman nunca estivo ante o verdadeiro Brainiac, ¿impactante non?. Geoff é un deses guionistas que consegue cunha simple premisa xerar múltiples acontecementos que desencadean novas sagas o universo DC. Pero é que ademais a familia Kent ten unha aparición especial neste cómic, humanizando máis se cabe a un personaxe que ás veces pode parecer demasiado alienígena.
No cómic atoparás un novo enfrontamento entre este villano coluano e o home de aceiro, nun deses cara a cara con emoción ata o final, xa que Geoff consegue crear un villano realmente á medida do noso heroe favorito, sen concesións pintorescas e cunha lóxica propia dun Brainiac. Un Brainiac, por certo, moi ben debuxado por Gary Frank.
¿Quen é Brainiac, que sucedeu con Kandor e Kripton realmente, que vai suceder na familia Kent? Le o cómic e saberalo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario