30 nov 2011

Horacio de Alba tomo 1


Editorial 12 bis

Cómic de factura correcta que transita polos camiños da ficción realista, ao usar como trasfondo o século XVI italiano que nun momento da súa historia dá un xiro radical nos usos legais introducindo o concepto dos duelistas profesionais para resolver as disputas entre persoas e institucións.



O cómic, ao igual que ten algúns convencionalismos narrativos posúe tamén detalles que lle dan un aire novidoso. No seu desenvolvemento é clásico, mostrando un claro punto de partida e avanzando linealmente no curso dunha historia onde se presentan os personaxes e as diferentes lineas argumentales.

É un guión que non goza dun gran ritmo pero que vai introducindo en momentos clave elementos que espertan o interese do lector e manteñen a súa atención.  En resumo, un guión contido, efectivo, e os detalles da cal é mellor que os descubrades vós mesmos. O debuxo, onde as tintas teñen un importante papel, é de corte realista, e goza dun bo rematado na cor que fai que suba bastantes enteiros na súa valoración final.

Vale a pena a lectura de Horacio de Alba, o cómic crea boas expectativas para o seguinte número. Verémolo e contarémosvolo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario