Devir continua a edición de manuelaes de Dungeons and Dragons 4ª edición. E finalmente chéganos o Manual do Xogador 3, e que é o complemento perfecto para o mundo de Sol Escuro, xa que a unha parte importante do seu contido é a psionica.
Pero vexamos con máis detalle o seu contido:
- Razas novas: O apartado de razas deste volume céntrase en razas no seu mayoria orientadas á psionica.
- Clases novas: Son principalmente psionicas, introducindo unha clase para cada rol. O ardente, a mente de batalla, o monxe e o psiónico. Ademais, presenta unha nova clase divina (o sacerdote runico) e unha nova clase primigenia (o buscador).
- Poderes de habilidade: Un novo tipo de poderes, na súa maior parte de utilidade, que podes adquirir se tes adestramento nunha determinada habilidade.
- Clases Hibridas: Unha nova opción de personalizar os personaxes é este sistema de multiclaseo. Consiste en escoller dúas clases, e repartir os seus beneficios, compartindo os seus defectos.
Finalmente o libro inclúenos novos dotes, obxectos máxicos, parangóns raciais e senllas épicas.
Editorial: Devir
Precio: 30€
No hay comentarios:
Publicar un comentario