Editar Warhammer Fantasy: o Xogo de Rol, en España non é tarefa doada debido ao novo formato de xogo, con moitos compoñentes accesorios. Edge decidiu dividir o xogo en dúas liñas, unha dedicada aos
xogadores, e outra para os directores de xogo. Dado que do material para os xogadores xa falamos hai pouco, hoxe toca coa súa contrapartida para o director: a Guía do DJ e o Cofre do DJ.
A Guía do DJ recolle en xeral aqueles aspectos do xogo e o mundo relacionados co combate ou os perigos diversos cos que se poden atopar os xogadores. Entre eles atópanse as regras para a corrupción, as mutacións ou enfermidades, feridas críticas, loucuras e disfuncións máxicas. Tamén se inclúen no manual diversos consellos e indicacións para que os directores de xogo saiban como dirixir campañas prolongadas, crear e interpretar e dirixir a inimigos e adversarios, así como para deseñar encontros apaixonantes.
O Cofre do DJ, facendo gala do seu nome, é unha caixa de carton duro, que contén un conxunto de cartas de acción básicas, 70 cartas de Ferida, 19 cartas de Disfunción máxica, 30 cartas de Estado, 30 cartas
de Loucura, 24 cartas de Lugar (dúas copias de 12 Lugares diferentes) e 1 carta de obxecto.
Ademais das cartas, o Cofre do DJ tamén contén láminas acuñadas a toda cor con figuras de PNJ e criaturas, fichas de Ansiedade e Fatiga, fichas de Corrupción, un indicador de Actitude e unha ficha de Activación, 24 marcadores, 2 pezas centrais para medidores de Actitude con 6 pezas para os extremos dos medidores de Actitude e un medidor de Progresión xa montado que serve como un útil indicador da iniciativa. Finalmente inclúese un conxunto de 12 dados especiais de Warhammer Fantasy, así como 24 peañas de plástico para as figuras dos personaxes.
Guía do DJ: 34,95€
Cofre do DJ: 29,95€
No hay comentarios:
Publicar un comentario