19 jun 2010

Uno H2O


O verán chegou e queremos levar á praia os nosos xogos para non aburrirnos pasando horas e horas volta e volta ao sol. Para iso temos a versión 2010 do UNO H2O.
O UNO é un dos xogos familiares máis estendidos do mundo, con versións en consola, xogo de mesa a pilas, franquías de Disney e mesmo tipo Jenga (o xogo de equilibrios con pezas).


Pode que o coñezades pola súa versión con baralla española como "Chúpate Dous" ou "Jerebere", o clásico xogo de piscina en que tes que quedar sen cartas poñendo enriba da anterior o mesmo pau ou o mesmo número, e se pos un 2 o seguinte colle 2, a non ser que poña outro 2 e así o seguinte coxa 4.

O UNO é exactamente iso, repártense 7 cartas de 4 posibles cores numeradas de 0 a 9, e temos que quedar sen ningunha. Cando só che queda unha carta, hai que berrar "UN !" ou o resto de xogadores poderán tirarche as súas cartas unha a unha ata que o digas. A maiores hai comodíns, cambios de dirección, saltos de xogadores, cartas de +2 e +4... e a partir de aquí, todas as variantes que se che ocorran, e máis.


A versión que vos recomendamos hoxe podédela atopar en case todas as tendas de xogos, e vén cun clip para podelas levar con facilidade grazas a que as cartas están acuñadas, son transparentes e totalmente resistentes a líquidos, de forma que podedes xogar na praia, o mar, a
piscina, o jacuzzi... e mesmo debaixo da auga !

No hay comentarios:

Publicar un comentario