28 jun 2010

Marica Tu




Guión: Julian Almazán
Debuxo: Alfonso Casas
Ed: Glénat

Hoxe é o día internacional do orgullo gay. E por iso presentámosvos un cómic recén editado por Glénat, que loita contra os estereotipos, e tópicos da devandita comunidade, mostrándoa de forma
realista e clara, pero cun toque de humor non exento de melancolía ante o que non podemos evitar sorrir. Principalmente porque todos (gay ou non) vivimos situacións moi parecidas.

O guionista Julian Almazán nárranos de forma autobiográfica a súa propia busca de parella no mundo dos que el prefire chamar (chamarse) "maricas", porque, nas súas propias palabras, "gay é un eufemismo para os heteros e unha elite para os homosexuais".

Acompáñao ao debuxo Alfonso Casas, cun debuxo simple pero efectivo ideal para a historia, que está chea de referencias a cómics, música, series de tv e outras marcas xeracionais.

"Marica Tú" é un cómic perfectamente disfrutable por calquera, pois rompe fronteiras ao nos poder identificar en relacións, amizades, lugares, desexos, decisións, amores... Temas universais, independentemente da preferencia sexual de cada un.

1 comentario:

  1. Muchas gracias por vuestras palabras!!

    un beso enorme!!

    Julián Almazán

    ResponderEliminar