Chamamento dixital para que a dixitalización das obras non se faga sen o permiso dos autores
Tomado de: http://llamamientodigital.blogspot.com
Dende o 19 de marzo máis de 1.100 autores asinamos un "chamamento dixital" polo cal instamos os nosos compañeiros, a servirse do seu dereito moral para negarse á explotación das súas obras, en forma dixital, en tanto que non tivera lugar un acordo cos editores.
De xeito bastante previsible estes últimos empezaron a citar os autores, un por un, para tratar de explicarlles mellor o modelo económico que eles sosteñen, e especialmente a conseguir que cambien de opinión con respecto aos seus dereitos.
Esta práctica vén tendo lugar no mundo da edición dende fai lustros e se os autores aceptan acordos, caso por caso, nada cambiaría.
Estamos a tratar polo tanto de sensibilizar os nosos compañeiros na idea de facer unha fronte común. Sendo conscientes de que todos os autores non reaccionan de igual forma á presión dos editores entendemos que algúns autores terán unha desesperada necesidade de asinar un novo contrato e outros atoparán diante do feito consumado, descubrindo que o seu traballo está xa colgado en Internet, pero é necesario ter unha idea de actuación en común.
Esperamos que os debuxantes e guionistas máis coñecidos (e os que máis venden), saiban resistir a esta presión e facer entender os editores que a revolución dixital nunca poderá facerse sen a plena participación dos autores.
Por outra banda, esperamos que o Ministerio de Cultura -cousa que solicitamos- saberá tomar as medidas oportunas nesta situación e garantir o bo desenvolvemento dos futuros debates que xurdan ao respecto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario