10 jun 2010

Kick-Ass




Guión: Mark Millar
Debuxo: John Romita Jr.
Ed: Panini

Unha vez máis o cinema fai famoso un imprescindible cómic de Mark Millar, como xa lle acontecese con "WANTED", aínda que nesta ocasión a película sexa moi superior á protagonizada por Angelina Jolie.

Aínda que o ton e o desenvolvemento de ambos os dous cómics sexa moi diferente, si hai bastantes pautas que nos permiten saber que estamos a ler o mesmo autor: orixinalidade a cachón, humor salvaxe, anti heroe identificable, derroche de violencia esaxerada, e volta tras volta de rosca a unha inacabable serie de referencias da cultura actual, e non só á de cómics de superheroes.


Todo iso se reflectiu magnificamente no filme, que se realizou baixo a supervisión de Mark Millar e John Romita Jr, pero tivéronse que facer moitas concesións por tratarse dunha película que fan que o que inicialmente é case igual remate bastante diferente, e na comparación o cómic salgue gañando por posuír un ritmo, máis sorpresas inesperadas, unha violencia máis esaxerada, e unhas reaccións dos implicados máis acordes cunha suposta realidade.

E é esta cantidade de xiros mellor levados e plasmados o que fai que recomendemos encarecidamente o desfrute de ambos os dous medios, pero en primeiro lugar o cómic orixinario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario