6 ene 2010

Papel y Plástico

Papel y Plástico 1 y 2


Autor: Oscar Lombana
Ed: Astiberri

Finalizamos o ciclo de consellos para regalos nestas datas cun regalo perfecto para darlle calquera treintañero (ou que rolde dos ventimuchos aos corenta e poucos): Papel e Plástico, un recopilatorio de todo tipo de cousas míticas e entrañables que poboaron a nosa infancia nos oitenta: xoguetes, bonecos, lambetadas, series, programas de Tv, cantantes, e un larguísimo etc.

3 ene 2010

Xogos en Familia

Xogos ideais para as reunións navideño tanto con membros moi novos como outros moi maiores, que se explican e xogan en pouco tempo e teñen moita interacción entre os xogadores.

Aventureros al Tren - Europa

De todas as versións recomendamos ésta ao ser a máis próxima e incluír un par de melloras respecto do orixinal americano. Explícase no medio minuto e remátase en menos de 1 hora, deixando un espectacular mapa de Europa enchida de fichas de trens a cor.

2 ene 2010

Light Card Games

Xogos de cartas sinxelos, rápidos e rechamantes, recomendables para todo o mundo e que podes levarte a calquera reunión, bar, acampada ou, que en canto a cousa decaia espertarán a todo o mundo de inmediato.

- Sabotador (Saboteur)

Un xogo de taboleiro camuflado en cartas: vaite colocando túneles ata chegar a un dos posibles oros. Pero coidado, entre os traballadores ananos hai un ou máis sabotadores que intentarán evitalo custe o que custe.

1 ene 2010

Party Games

Xogos ideais para unha festa, aniversario ou reunión de colegas en que vos queirades botar unhas risas

Hombres Lobo de Castronegro / Lupus in Tabula

Non hai mellor xogo se hai un mínimo de 8 persoas reunidas.
Repártense en segredo personaxes, entre os cales hai 2 homes lobo, que cada noite mata un aldeán. De día o pobo dialoga, todo o mundo di canto quere ata que alguén é linchado.
Dá igual que morras, saber quen é quen e ver como seguen actuando é igual ou máis divertido que seguir convencendo da túa inocencia.
Sempre quereredes botar unha partida máis.