Guión e debuxo: Yua Kotegawa
Editorial: Planeta DeAgostini
Xénero: Seinen
Foi serializado orixinalmente na revista Shonen Ace no 2000.
Yuri, un novo estudante, afánase en intentar ocultar o cadáver da súa nai. Esta, tras unha longa enfermidade mental e a desaparición do seu esposo, insistía en que Yuri estudase montóns de cousas, mesmo aínda que non lle gustasen. A súa obsesión chegou ata o punto de acosalo sexualmente, e ao ser rexeitada reaccionou violentamente. Yuri matouna, e non sabe que facer.
Nisto aparece Anne, unha estraña moza que lle indica que non pode enterrala en calquera sitio. El reacciona violentamente e ela déixao inconsciente. Cando esperta ela indícalle que eliminou os dentes, a cabeza e as pegadas, que dispuxo todo de forma que sexa moi difícil encontrala e identificala. ¿Pero por que fai isto?
Unha serie gore un tanto escura pero cunha gran historia detrás. Algo que non deixará indiferentes os afeccionados deste xénero. Dispoñible a obra completa constituída por 4 tomos.
30 mar 2012
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario