Guión e debuxo: Mayu Shinjo
Editorial: Ivrea
Xénero: Shojo/Josei
Mayu Shinjo volve cunha das súas controvertidas historias ao noso país. O icono fetiche da editorial Ivrea prepara unha de fantasmas para os seus seguidores e presenta unha das obras máis longas inédita ata o momento. En Xapón a obra aínda continúa publicándose nas páxinas da revista Margaret, mentres a autora realiza outras obras.
Por xeracións, a familia de Miko protexeu ao templo Ootsubaki dos fantasmas malignos. Agora ela é unha aprendiz de sacerdotisa para algún día poder suceder aos seus pais. Un día pon a proba as súas capacidades ao intentar exorcizar a un suposto espírito demoníaco... o que non esperaba era que ese rapaz, Kagura, efectivamente era un, e o máis poderoso de todos. Así comeza unha relación moi especial entre ambos os dous, onde terán que combinar os seus poderes para enfrontarse aos fantasmas que os atosigarán. Un romance entre unha humana e un demo fantasma (un porco que necesita o contacto con rapazas para manter os seus poderes e a súa xuventude).
Xa podemos gozar do tomo 3. Unha historia de amor con innumerables risas que non vos podedes perder.
9 mar 2012
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario