Editorial: Planeta DeAgostini
Xénero: Shonen
Apareceu por primeira vez na Weekly Shonen Magazine en marzo do 2003 e pasou a ser publicado por varias casas editoriais de manga.
Un mozo orfo vive nunha pequena aldea e soña con viaxar. O único recordo que conserva do seu pai é un diario no que o anima a percorrer o mundo, pero para un mozo sen recursos, iso é practicamente imposible. A súa sorte cambia cando un misterioso dirixible se detén no seu pobo para realizar reparacións de urxencia, e o rapaz consegue coarse de polisón na nave. A auténtica sorpresa chega cando descobre que os tripulantes do dirixible son piratas... Por sorte, traba amizade co xefe da banda, feito que provoca que o confundan cun deles. Unha rapaza chamada Dorothy axúdalle a escapar e decide chamalo Toto, pero os motivos da moza están máis relacionados co cadelo que Toto adoptou no dirixible que co rapaz en si...
Acción, humor, steampunk e máis dunha referencia a El Mago de Oz caracterizan o primeiro traballo de Yu-Ko Osada publicado no noso país. E xa esta dispoñible a obra completa composta de 5 tomos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario