Guion e debuxo: Takao Saito
Editorial: Glénat
Xénero: Seinen
Golgo 13 é o decano dos manga sobre yakuzas. Creado en 1969 por Takao Saito -quen debutou artisticamente en 1954- Golgo 13 é un "asasino a soldo" que executa cunha profesionalidade impecable toda misión que se lle encargue sempre e cando os seus clientes paguen ben. Ademais de ser levado ao cine e de inspirar unha serie de novelas, Golgo 13 é un dos manga que alcanzou maior lonxevidade -con máis de 140 tomos publicados - e aínda hoxe, case catro décadas despois da súa creación, se mantén como unha institución da historieta nipoa.
Duke Tôgô é un francotirador infalible cuxo nome en clave, temido en todo o mundo, é "Golgo 13" en cada unha das súas aventuras seremos testemuñas da situación internacional, da tendencia económica e das tecnoloxías de última xeración do momento. Ademais das súas mulleres, dos seus clientes e dos seus inimigos e por suposto, tiros e sexo...
Tomo único que consta de 1340 páxinas e é unha recompilación de varias historias do manga Golgo 13.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario