27 ene 2012

Tokyo Babylon 2

Guion e debuxo: CLAMP

Editorial: Norma editorial

Xénero: Shoujo

Tokyo, a cidade que nunca dorme, é o lugar máis axeitado para que Subaru, un rapaz tranquilo e apracible de 16 anos, empregue os seus poderes do onmyoji para axudar aos que sofren. O novo líder do clan Sumeragi ten un gran poder que o afasta do mundo e é por iso que a súa xemelga Hokuto Sumeragi, quen é todo o oposto a el lle anima a que pase máis tempo co atractivo Seishiro. A súa irmá tamén se encarga de conseguirlle traxes para as súas fazañas, idea que máis tarde baseou a Tomoyo Daidouji de Card Captor Sakura.


Segue as aventuras de Subaru que xunto á súa irmá xemelga,Hokuto, defenden Tokyo de casos paranormais relacionados con espíritos e demos.

Ao igual que varios crossovers de CLAMP, os feitos de Tokyo Babylon dan orixe a X/1999 e agora xa podemos gozar do segundo tomo. Queres coñecer a orixe do éxito de CLAMP? Só tes que ler este manga... ^o^

No hay comentarios:

Publicar un comentario