13 ene 2012

A saga de Caín

Guión e debuxo: Kaori Yuki

Editorial: Glenat

Xénero: Shojo

O manga comezou a publicarse en 1992 pola editorial Hakusensha na revista quincenal xaponesa de manga shojo Hana to Yume. Unha segunda secuela, God Child, comezouse a difundir no 2001.



A serie ten lugar nun universo ficticio cun contexto baseado no estilo steampunk, similar a Inglaterra durante o século XIX, na Era Vitoriana, máis exactamente. A historia céntrase en Caín Hargreaves, quen é o fillo de Alexis Hargreaves e Augusta -irmá de Alexis-.

Durante a súa infancia, Caín foi maltratado polo seu pai, o cal o azoutaba diariamente mentres lles daba ordes aos seus serventes de ignoralo, pero a pesar diso, Caín faise amigo dun servidor, Riff Raffit. Posteriormente, Caín recoñece que o seu pai o desprezaba e por ende comeza a estudar sobre velenos, xa que pensaba envelenalo. Cando visita a súa nai en segredo, esta confúndeo co seu esposo e salta pola ventá. Despois do acontecido, Augusta advírtelle que ten que escapar de Alexis. Logo, Caín volve á casa e envelena o seu pai e antes deste morrer, maldíceo para que o resto da súa vida sexa miserable. Non obstante, Caín herda o título de conde como consecuencia.

A saga de Caín é un magnífico mosaico en varios episodios das andanzas do conde Cain C. Hergreaves, un coleccionista de velenos do século XIX, que se enfrontará a misterios que apuntan a unha sinistra organización.

Agora Glénat ponnos á nosa disposición estas historias e a segunda secuela God child. Un shojo para os que queiran descubrir o seu amor por este xénero.

No hay comentarios:

Publicar un comentario