7 ene 2012

Nogami neuro, o detective demoníaco

Guión e debuxo: Yusei Matsui
Editorial: Planeta DeAgostini
Xénero: Shonen

Comezou a editarse en Xapón no ano 2005 pola revista Weekly Shonen Jump.



Todo comeza cun demo chamado Nogami Neuro, quen se alimenta de misterios. Debido ao seu grande apetito decide vir á Terra porque di que os misterios do mundo demoníaco son moi simples e non chegan a satisfacerlle o seu enorme apetito. Para ocultar a súa identidade de demo obriga unha estudante de secundaria, Katsuragi Yako, a converterse en detective convencéndoa coa idea de que a cambio diso conseguirá resolver o misterio do asasinato do seu pai. Así que mentres el resolve os casos facéndose pasar polo seu asistente, Yako vai adquirindo habilidades para analizar e comprender mellor que ninguén a psicoloxía humana.

Un novo e apaixonante manga de misterio que os amantes de xénero non se poden perder.

Xa dispoñible o tomo 15!

No hay comentarios:

Publicar un comentario