31 dic 2011
Immortals, xogando na Grecia épica
A mitoloxía grega achegounos grandes historias, moitas das cales foron adaptadas para medios tan dispares como o cinema ou o xogos de rol. Nesta ocasión tocoulle a Teseo, heroe que derrotou o minotauro
dentro do labirinto grazas a Ariadna.
Nesta ocasión o mito foi revisado nunha película, Inmortals, rodada en 3D e protagonizada por Henrio Cavill, Freida Pinto e Mickey Rourke.
Non obstante, esta película adapta libremente as proezas de Teseo, convertendo algunhas delas en meras referencias visuais (como o terrible minotauro, convertido nun enorme guerreiro con casco metálico en forma de cabeza de touro). Aquí, o rei Hiperión declarou a guerra ao mundo, para o que busca o lendario arco de Epiro, feito por Ares no Olimpo. Co o que pretende liberar os titanes, encerrados nas profundidades do monte Tártaro dende o principio dos tempos.
Ao liberalos, Hiperión conseguiría a súa desexada vinganza, destruíndo tanto aos homes coma aos deuses.
Sobre a película habería moito que dicir, xa que o seu estilo visual e de produción é similar a 300, e de feito Inmmortals a sinatura o mesmo equipo de produtores que a película baseada na obra de Frank Miller.
Pero para falar de cinema xa hai moitos blogs e páxinas webs, polo que non nos estenderemos moito nela, xa que a imos usar de escusa en Mergulladas para falar de xogos de rol que nos permitan emular as proezas dos heroes gregos.
Así que ao longo do seguinte ano buscaremos as diversas propostas que temos para xogar en compañía de Teseo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario