26 oct 2011
Berserk
O mes de outubro é de rexouba para todo afeccionada ao manga. Unha serie que levaba longo tempo no burato negro editorial que é Mangaline, volve ver por fin a luz de man de Glenat.
Esa serie é Berserk.
Berserk é un manga creado por Renato Miura, pertencente ao xénero épico fantástico ambientado nunha terra inspirada na Europa medieval, pero con tinguiduras de horror e fantasía. Nela cóntase a historia de GUTS, un mercenario orfo. A historia está dividida en catro arcos argumentales:
Idade dorada (vol. 1 ao 13)
Guts crece e convértese nun novo mercenario que se enrola na banda do falcón e traba amizade con Casca e Griffith, lider da banda. Na "cerimonia do Eclipse” Griffth morre. É o final da banda e só Casca e Guts sobreviven. Guts inicia a súa vinganza contra os denominados "apóstolos".
O espadachín negro (vol. 1 ao 3 e 14 ao 21)
Guts é agora coñecido como o "Black swordman" e vai á caza dos "apóstolos". Nas súas viaxes, enchidas de batallas, retorna para axudar a Casca, a mente do cal foi destruída durante a cerimonia da Eclipse. Casca lle guía ata a torre da adoración en Albion, onde a súa presenza dispara a cerimonia do "renacemento" e Griffinh volve á vida. Midlan, caida en decadencia, é invadida polo imperio Kushan.
Falcón do Milenio (vol. 22 ao 35)
Escapando da invasión, Guts e Casca, comezan a súa viaxe cara a Elfhelm. No camiño atopan novos compañeiros que se lles unen. Guts descobre que o rei de Elfhem podería curar a mente de Casca. Entrégaselle a armadura Berserker para loitar contra os apóstolos.
Un renacido Griffith enfróntase coa invasión Kushiana e lidera unha nova banda do falcón cara á vitoria contra Ganiskha, lider do impero de Kushan e que ademais é un poderoso apóstolo.
Fantasía (vol. 35 ata hoxe en día)
Guts está atormentado pola súa busca de vinganza e maldito por que a armadura Berserker intenta posuír a súa mente. Despois de batallar nos mares, camiño de Elfhelm, Guts e os seus amigos enfrontan novos e descoñecidos peligros...*
Omitimos información da saga para que disfrutedes na súa totalidade do que xa é un clásico do manga. Non perdades, os novos lectores, a oportunidade de achegarvos a ela, e aos que levan anos esperando, pois xa sabedes, o tempo curao todo, ata a falida edición de Berserk por Mangaline.
*Información extraida da wikipedia inglesa.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
bersek powa, xa era hora demo! :)
ResponderEliminar