28 oct 2011

Gunnm


Guion e debuxo: Yukito Kishiro

Editorial: Planeta DeAgostini

Xénero: Seinen

Gunnm (Alita, anxo de combate) Comezou a publicarse en Xapón entre 1991 e 1995 na revista Business Jump. Unha serie de problemas nerviosos forzaron a Yukito Kishiro a finalizar prematuramente a súa publicación.

Poucos anos máis tarde tivo a oportunidade de retomar as partes da historia que omitiu por medio da secuela GUNNM Last Order, enlazando directamente dende unha parte do noveno volume de Gunnm - Alita, anxo de combate (Volume 9, capítulo 4, a partir da páxina n°16), rescatando parte deste como punto de partida de Gunnm Last Order e desbotando o resto do noveno volume.





A historia fala sobre Gally (Alita na versión occidental), un cyborg amnésico que é atopada polo Doutor Daisuke Ido entre a ferralla botada dende Salem, a utópica cidade flotante (renomeada en occidente como Tiphares). Ida reconstrúe a Gally e adóptaa como a súa filla, pero a medida que pasa o tempo, queda claro que Gally oculta habilidades de pelexa tan grandes como misteriosas.

Ante isto e como unha forma de descubrir o seu propio pasado, porase a proba fronte a situacións que estimulen e fagan florecer estas habilidades, de forma que poida obter respostas sobre a súa orixe.
Con este obxectivo enfrontarase a diversos inimigos cumprindo roles tales como cazador guerreiro, corredora de Motorball, axente de seguridade e moitos outros que porán en risco a súa vida, máis adiante, a súa historia levaraa a enfrontar retos aínda maiores e perigosas criaturas fóra do planeta.

Un clásico indispensable que despois de 10 anos dende a súa primeira edición no noso país, Gunnm - Alita, anxo de combate, a obra máis coñecida de Yukito Kishito, non necesita presentación ante os lectores españois, xa que agora poden lela completa en doce volumes luxosos e repletos de páxinas inéditas, bosquexos orixinais do autor e outros extras exclusivos da edición que aquí culmina.

Tamén poderedes gozar da continuación Gunnm Last Order que de momento conta con 20 tomos publicados.



Recordarvos que tamén dispón dunha recompilación completa das catro "historias paralelas" chamado Gunnm Gaiden que inclúe obras como:

- Noite de paz, melancólica e tenra historia de amor entre o Ido de antes de coñecer a Gally e a inocente Carol.

- Dedo sónico, trepidante relato que narra o encontronazo entre unha Gally que vive tranquila tras a súa retirada do Motorball e un delincuente que a acosa.

- A patria, poética epopea final dun deckman que consegue facerse cunha efémera liberdade.

- Barjack Rhapsody, crónica das tribulacións e o proceso de maduración de Koyomi que, tras o fin da rebelión de Barjack, aspira a ser fotógrafa xornalística.


No hay comentarios:

Publicar un comentario